viernes, 20 de abril de 2012

Andrés Muruais

Como case todos coido
Que non existe na terra
Unha foliada gamberra
que sexa como o entroido.

Festividade da carne,
Do pracer e dos sentidos,
Para que o que estea aburrido
Noutra persoa reencarne.

Vístese de muller
o home feito e dereito
poñéndose un par de peitos
sen medo a honra perder.

O obreiro é o patrón
E o patrón é o escravo,
E se eu sigo asi non paro
De tanta transmutación.

Con un plato de filloas
E de orellas ben fretidas,
Da alma curanse feridas
E esquécense as penas todas.

Pero eu quixera evocar
A memoria dun poeta
Que foi o rei desta festa
E ó que temos que lembrar.

Amou tanto a súa terra
Que o pobo o seu nome honroulle,
E unha rúa dedicoulle
Na vila de Pontevedra.

Datos xa non douvos máis,
Abofé que o sospeitades
E a sospeita non errades
Pois falo de Muruais.

O Urco foi o seu invento
E creou toda unha lenda,
Facendo a vila en ofrenda
O mellor do seu talento.

E moito gostáballe a caza,
Pois andaba coma un can
A facer o pillabán
Piropeando ás rapazas.

Mais unha doenza no peito,
Sendo ainda un bo mozo,
Sumiuno en un fondo pozo
E levouno ao cadaleito.

E Galicia amolada
Erguiuse en rimas toda
Facendolle unha Corona
De flores moi variadas.

Que de pétalos non eran
Senon que contiñan versos
Que cheiraban á incienso
A aqueles que os leran.

Fúnebre e triste Corona
Recitada polos coros,
entre lamentos e choros
Coma o sonar da zanfona.

Mais deixounos en herdanza
Unha obra con morriña,
Na que a gaita era a raiña
Coa que se canta e se danza.

¡Cantade, todos, cantade!
Que ainda que finou Andrés,
Beilade e movede os pes
Lembrandoo con saudade.


Pontevedra, José M. Ramos 20 abril 2012